miércoles, 13 de enero de 2016

Entrevista a Fernando Piñeiro " URU "



 1 -  ¿ Cantas tempadas  levas defendendo o escudo do Cerqueda ?

--  Pois xa van 11 anos defendendo estas cores.

2 - Pasaches por varios adestradores ¿ Quen foi o que mellor sacou probeito de ti ?

-- Penso que todos sacaron algo, pero o mister de ahora estame probando nunha nova posición que nunca xogara e sintome cómodo .

3 -  ¿ Cal foi o teu mellor  e peor momento como xogador ?

-- En Uruguay algún título que ganei co equipo de alí, pero aquí sin duda o título e ascenso o ano pasado, e o peor momento a lesión medular na espalda que me retirou un ano do fútbol.

4 -  Chegaches o clube como volante tapón, pero éstas últimas tempadas xogaches en todas as zonas do campo. ¿ Pero dónde estás más cómodo ?

-- A min gustame mais de mediocentro, pero ahora de central estou moi ben.

5 - Hai un momento que te separaches do clube para recalar no Corcoesto, eses dous anos foron as finales de ascenso que  perdía o Cerqueda. As malas linguas decían que te alegrabas ¿E certo?

-- Fun animar o Cerqueda ésas duas finales, con eso queda claro todo.

6 -  ¿ Cómo viviches aqueles enfrontamentos de liga contra os teus ex compañeiros ?

-- Moi motivado sólo xoguei dous, no primeiro faciame raro xogar contra a camiseta do Cerqueda, pero xa che digo estaba moi motivado, no segundo sufrin unha lesión grave o principio e recordo mais o sufrimento da recuperación.





 7 -  Ahora na actualidade co título de campeón de liga de terceira ¿ Acordaste de alguen?

--  Dos compañeiros que xa non están no clube, cos cal me levo moi ben e tamen son parte do ascenso.





8 -  O mister Emilio Uzal  e peculiar ¿ Ti cómo o definirias ?

--  Moi bo adestrador , sabe facer unión no equipo e sacar o mellor de cada xogador.


9 -  ¿Cal crees que e a virtud dos xogadores para estar de momento nunha posición tan cómoda na liga?

-- A unión que hai, vamos todas a unha e sempre nos estamos axudando no campo.


10 -  E para cerrar esta entrevista, unha curiosidade, cada pretemporada sempre parece que estás na corda frouxa para ter ficha ou non, que finalmente sempre cosigues seguir e ser importante para o clube. ¿ Por que crees que sucede ?

-- Home non tiña esa costancia jejeje, esta tempada e de mais nivel e con mais exigencia.