lunes, 16 de noviembre de 2015

Entrevista a Darío



1- Éste e o tercer ano na entidade, o primeiro unha tempada desastrosa,segundo ascenso e liga gañada e no actual disputando a liga da costa. ¿ Cómo valoras ésta etapa no clube?

R- O primeiro ano foi complicado xa que apenas xoguei pola lesión de rodilla, tendinitis rotuliana, levaba dous anos con esa lesión. 
O segundo ano, gracias a axuda do club, poiden mirar ben a rodilla e me curaron...logo a liga leveina en "plena forma".
Este ano na liga da costa a levamos con ganas e ilusión sabendo que o club levaba moito loitando por estar ahí. Sabemos que non vai ser fácil pero traballamos e nos esforzamos para facer o mellor posible.

2- A principios da tempada tiñas ofertas de equipos de maior prestixio e de ligas superiores. ¿Por qué a decisión de seguir?

R-  Sendo sincero, houbo un momento no que pensei en probar e ir os entrenamientos, simplemente pola experiencia... Logo penseino e sabía que non era meu sitio xa que en esas categorías son moito máis exixentes e non me podo permitir deixar o traballo para ir a entrenar ou a xogar.
Sin olvidar tamén o gusto que da salir de entrenar ou xogar co Cerqueda e ir co equipo tomar algo, organizar cenas e salir cos compañeiros. Eso son cousas que aquí na costa pasan en moi poucos equipos.

3-Na gala de QPC de deportes estabas nominado a mellor interior ¿Cómo viviches ese momento?

R- Non vou a negar o evidente. A todo o mundo lle gusta que o "valoren" aínda sabendo o que había... Tampouco me vou a quitar os méritos xa que non todos os días está alguien de terceira autonómica en esa situación. Pero bueno, o mérito era de todo o equipo non solo meu.

4-Tamen a campaña pasada xogaches na selección da costa norte donde foches protagonista na victoria sobre o sur e despois un amigable contra o Deportivo xuvenil. ¿Esos partidos son especiais?

R- Ese tipo de partidos gusta xogalos xa que sabes que sempre hai xente que te vexa.
Sabía que estaba en boa forma, estaba en un bo momento e cando me chamaron non dudei en decir que iba... Pero tanto como especial...un partido especial foi o día do ascenso.


5- Volvendo a actualidade ¿ Cómo estás vendo o inicio de liga?

R- Todos os comezos en algo son complicados, pero en general véxonos ben.
En todos os partidos sacamos algo positivo, e en todos tuvemos a posibilidad de puntuar.
En todos intentamos mellorar para o seguinte facelo mellor.
Nada é fácil, pero seguro daremos algunha que outra sorpresa.

6- Este ano non estás acertado cara o gol de momento ¿Qué pasa?

R- Fai dous anos marqui 4 goles e o ano pasado 23...
Todo delantero ten a súa época, este ano non me sinto ben pero seguro que iremos mellorando en todo.


7- Do que vai de liga ¿ Qué nota te pondrías?

R- Poñeríame un NM ( Necesita Mellorar) 
Teño moito que espabilar, pero o traballo non vai faltar para logralo.

8- ¿ Cal crees que son as armas do Cerqueda para intentar a salvación?

R- O noso fuerte é a defensa, unha defensa sin complicacións, contundente, a partir de ahí as cousas xa se van vendo. 
Temos un medio campo moi bo o cal nas salidas de balón podemos crear peligro, pero o máis importante é a defensa, se non encaixamos goles a salvación está un paso máis cerca.

9-Éste ano o mister proboute varias veces de carrilero ¿ Cómo te adaptas a esa posición?

R- Hai que adaptarse a o que mande o míster. 
O problema é que eu por ahora non estou ben, hai partidos que son capaz de subir e baixar cantas veces queira, pero se estou mal e estou de carrilero non estou agusto, está claro.
Traballo, necesito poñerme ben para adaptarme a todo o que o míster me pida.

10-Para terminar e cómo curiosidade xogas co número 2 a espalda, non e o corriente para un dianteiro ¿ A qué se debe?

R- Sí, eso de xogar co 2 é curioso.
O ano pasado levaba un par de partidos con unha pequena sequía e o míster me dixo que me poñía o 2 que iba a marcar dous goles...marquei un hattrick e desde esa xoguei seguido co 2.
O máis curioso é que o 2 é o meu número preferido desde pequeno, se houbese o 22 xogaría máis encantado aínda... Jajajaja

martes, 3 de noviembre de 2015

Entrevista a Diego Dourado



- ¿ Qué tal a volta a U.D. Cerqueda?

D.D.-  Moi ben. Tanto a nivel persoal como deportivo.


- ¿Ves moitos cambios no clube dende a tua etapa anterior?

D.D.- Si. Vexo un clube máis serio e comprometido no tocante ó institucional; e a nivel deportivo totalmente renovado, con xogadores de máis calidade.


-¿Tras a tua marcha en que equipos militaches?

D.D.- San Lorenzo, Sporting Cambre, Ponteceso e Calasanz.


- Contra dous de eles como San Lorenzo e Ponteceso xa xogaches este ano ¿Qué tal a sensación?

D.D.- Boa, porque son dous equipos moi competitivos este ano, sen embargo son clubes totalmente diferentes dende a miña etapa.


- Volvamos o teu regreso,o fichar tiñas dous rivais na portería,e nunha semana quedaches so ¿Que pasou?

D.D.- Por matizar a túa pregunta, dous rivais non, dous compañeiros. Non sei os motivos da súa marcha porque a min non mos explicaron. Pola miña parte non tiven ningún problema con eles no seu día, tampouco o teño a día de hoxe.


-¿ Cal crees que é a tua virtude na portería?

D.D.- Creo que teño dúas que destacan, os balón aéreos e falarlle aos compañeiros no campo.






- ¿Tes algún referente na actualidade?

D.D.- Non.


- ¿ Qué nota te pos no que vai de competición?

D.D.- Eu penso que aprobo.


- No partido que vos enfrontaba o Ameixenda viviches un momento moi duro con un gran susto que deu un rival ¿Como viviches eso?

D.D.-  Nun primeiro momento actuas con normalidade, non eres realmente consciente do que sucede ata unhas horas máis tarde, recordo esa misma noite sorprendendome do acontecido.


-¿ Ves capacitado o plantel para manter a categoría?

D.D. - Sí. Vexo ó equipo moi asentado a pesar do ascenso de categoría e coa suficiente madurez e calidade para mantela.