martes, 3 de noviembre de 2015

Entrevista a Diego Dourado



- ¿ Qué tal a volta a U.D. Cerqueda?

D.D.-  Moi ben. Tanto a nivel persoal como deportivo.


- ¿Ves moitos cambios no clube dende a tua etapa anterior?

D.D.- Si. Vexo un clube máis serio e comprometido no tocante ó institucional; e a nivel deportivo totalmente renovado, con xogadores de máis calidade.


-¿Tras a tua marcha en que equipos militaches?

D.D.- San Lorenzo, Sporting Cambre, Ponteceso e Calasanz.


- Contra dous de eles como San Lorenzo e Ponteceso xa xogaches este ano ¿Qué tal a sensación?

D.D.- Boa, porque son dous equipos moi competitivos este ano, sen embargo son clubes totalmente diferentes dende a miña etapa.


- Volvamos o teu regreso,o fichar tiñas dous rivais na portería,e nunha semana quedaches so ¿Que pasou?

D.D.- Por matizar a túa pregunta, dous rivais non, dous compañeiros. Non sei os motivos da súa marcha porque a min non mos explicaron. Pola miña parte non tiven ningún problema con eles no seu día, tampouco o teño a día de hoxe.


-¿ Cal crees que é a tua virtude na portería?

D.D.- Creo que teño dúas que destacan, os balón aéreos e falarlle aos compañeiros no campo.






- ¿Tes algún referente na actualidade?

D.D.- Non.


- ¿ Qué nota te pos no que vai de competición?

D.D.- Eu penso que aprobo.


- No partido que vos enfrontaba o Ameixenda viviches un momento moi duro con un gran susto que deu un rival ¿Como viviches eso?

D.D.-  Nun primeiro momento actuas con normalidade, non eres realmente consciente do que sucede ata unhas horas máis tarde, recordo esa misma noite sorprendendome do acontecido.


-¿ Ves capacitado o plantel para manter a categoría?

D.D. - Sí. Vexo ó equipo moi asentado a pesar do ascenso de categoría e coa suficiente madurez e calidade para mantela.


No hay comentarios:

Publicar un comentario