miércoles, 17 de enero de 2018

Entrevista a Dani García



P-   Para un xogador de club como eres ti ¿ Que pensas de que o Cerqueda volva apostar polo fútbol base?

R -  O futbol base e o mais bonito do futbol. A enerxia que trasmiten @s nen@s carganlle as pilas a calquer persoa que lle guste o futbol.
Que o Cerqueda volva a ter categorias inferiores e algo sensacional para o clube, para a parroquia, e para o concello. Ogalla siga crecendo.

P-  fai anos atras entrenaches os juveniles e ahora infantiles ¿Que diferencias ves?

R-   Creo que a diferencia mais grande son eu mismo, na anterior etapa considero que era demasiado novo, apenas tiña 2-3 anos mais cos rapaces que entrenara.

P -  Nas duas etapas sempre loitando na zona alta ¿ Boas xeneracions ou tamen algo da tua man?

R - En categorias inferiores o tema de resultados e clasificacion van un pouco en funcion do plantel que se ten, e normalmente se hai varios de ultimo ano notase.
Creo que pouco teño que ver nos resultados, e todo merito d@s xogadores.

P-  Normalmente na base a dificultad son os pais ¿ Cómo o levas?

R -  A verda e que cos pais e nais quedeime moi sorprendido, porque teñen unha union envexable. Solo podo mostrar admiracion.

P -  ¿  Veste nun futuro entrenando en senior e quizás o propio Cerqueda ?

R -  Non me plantexo adestrar ningun equipo senior, primeiro porque xogarei mentres poida, e segundo porque hai que sacar mais titulos e non hai tanto tempo libre.
Estou votando unha man o clube neste aspecto, estou moi contento, pero non me plantexo nada para adestrar.

P -  ¿ Que obxetivo tiñas a principio da tempada?

R -   O obxetivo o inicio e o mesmo que a dia de hoxe. Que @s nen@s desfruten do futbol en todos os aspectos, e axudarlles a mellorar na medida do que eu podo.

P -  ¿ Como ves a gran diferencia na liga infantil dos da zona alta a parte baixa?

R -  As diferencias que hai na taboa clasificatoria responde na maioria a temas xeracionais.

P -  ¿ Que destacarias do teu equipo?

R - Do noso equipo destaco as ganas que teñen, e o sacrificio que fan por vir entrenar.

P -  Tes un bo grupo pero Brais e Iván ahora mismo estan en outro escalón ¿Non?

R - Non me gusta destacar individualidades, quedome co grupo. Tod@s traballan para mellorar, e eso xa e un orgullo.

P - Escaparonse poucos puntos en esta liga, pero  ¿ Cal foi o que mais che molestou?

R - A verdade que foron derrotas diferentes, pero solo deben servir para aprender e seguir.
As que mais me fastidian son as que creo que me equivoquei eu e non @s nen@s.

P -   Despois de xogar contra todos ¿Que rival che gustou mais?

R-  Tanto Cee como Outes, e non solo por estar arriba.
Tamen destacaria o dumbria, sofan, muxia, esteirana e os miudos.

P -  ¿ Que esperas en este tramo final de liga?

R -  Do tramo final simplemente seguir competindo cada partido, e seguir disfrutando do futbol base.

miércoles, 10 de enero de 2018

Entrevista a Raúl Periscal





P -  ¿Despois da gran tempada pasada cal era o obxetivo en esta?

R-  O obxetivo de esta tempada era coma a anterior conseguir a permanencia, crecer como equipo, como grupo e ir incorporando novos xogadores xovenes que poidan dar continuidad o proxecto.

P- ¿ como cada ano hai altas e baixas, que nos podes decir dos fichaxes?

R -  O equipo cada ano sufre unha remodelación importante e quizás este ano a baixa de Lorenzo (capitán) foi especialmente sensible, polo futbolístico pero tamen no plano organizativo.
En canto as altas creo que o feito de que Javino volvese e un éxito do clube.
Marcos Pensado e un bo xogador, pero por mor das lesions non puido aportar moito en este inicio.
Quizais a gran sorpresa e inesperada por outro lado son Julián e Martín, moi xovenes de moita calidade e que intentaremos continuen no clube.
Gonzalo debe ser un xogador importante neste Cerqueda e pelearemos por que así sea e poda seguir con nos.

P- Hai moito compromiso,entrenando duro pero ¿ Que pasa cando saltan o campo a xogar?

R-  Creo que somos un exemplo de traballo, entrenamos 3 días durante todo o ano, faga frío, choiva ou televisen a champions. Creo sinceramente que todos, todo o entorno  debe valorar o que son estes xogadores, todo o que traballan e sen recibir ningunha compensación económica.
Creo que podemos valorar que nos gusten mais ou menos, que xoguen mellor ou peor, pero tamen digo que non se debería criticar a este grupo.
En canto o que nos pasa pois, creo que e fruto de ter xenerado unhas expetativas que non son acordes ca realidade, e iso xenera ansiedade e tamen frustración o cal esta lastrando o xogo de equipo e por en  mans as nosas individualidades. 

P- ¿ Crees que os puntos da taboa reflexan o que se ve no campo?

R-  Si , creo que non estamos ben , e que a pena de poder ter algún punto mais (Montelouro,Mazaricos) o final o fútbol e goles e costanos materializar.
Por tanto creo que estamos donde debemos estar.

P-  No que si estivechedes acertados foi nos derbis ahí foi pleno.

R-  Os derbis , son algo diferente e a motivación e mais alta, contra o Buño traballamos unha idea de xogo e dounos resultado, e contra o Malpica sen ser moi superiores creo que a victoria foi xusta.

P- ¿ Que pasou no partido contra o Baiñas donde te ausentaches os minutos finais?

R-  Contra o Baiñas pasou que estábamos moi tensos, xogabamonos moito, tanto eu como os xogadores, e recrimineille a un xogador noso que ten unha amarilla, que proteste que poderian expulsalo, ahi enzarzamonos nunha discusión e preferin irme para o vestuario e non tomar ningunha decisión que puidera perxudicar o grupo.

P- Algunha parte da afición esta molesta con alguhas das tuas decisions ¿ Que podes decir?

R-  Entendo que a afición e soberana para expresar a sua opinión sobre a miña labor, faltaria mais, pero tamen creo que se critica a miña persona non o entrenador, sen valorar quen é, nin que fai, nin que sinte Raúl Periscal polo Cerqueda.
As miñas decisions a parte de futbolísticas están basadas no traballo semanal, e no positivo do grupo.
Intentamos reforzar o traballo semanal con premios en forma de partidos ou minutos, titularidades para eses xogadores, so así podemos explicar entrenar 3 días con unha presencia masiva.
Un xefe premia a aquel  empleado de mais implicación e mais aportación para a empresa, intentamos extrapolar esa idea o fútbol.
E verdad que hai xogadores que a nivel individual son mellores e xogan menos pero quizais a xente se debería preguntar ¿Por que?
En definitiva, todalas decisions se toman en pro do grupo e do Cerqueda, e so pido que se respete a miña persona, Raúl Periscal que e pai..amigo..etc, e que se valore a Raúl Periscal entrenador do Cerqueda.

P- Despois dunha volta completa ¿ Que equipo che gustou mais?

R-  Para min o equipo que mais me gustou foi a Esteirana, xogan moi dinámico e teñen un xogador de outro nivel e que marca diferencias como Pladur.

P-  E para rematar ¿ Que esperas da segunda volta?

R-  Da segunda volta esperamos seguir entrenando, mellorar a nivel ofensivo e tamen  lograr mais puntos ca na primeira volta co obxetivo de conseguir a salvación.