martes, 9 de febrero de 2016

Entrevista a Luchi






1 - ¿ Por que empezaches a xogar o fútbol?

-- Non sabería responder con exactitude, miña nai di que nada máis empecei a andar xa andaba a correr detrás do balón. Que todos os regalos dos reis magos quedaban aparcados polo balón, salvo un ano que trouxeronme unha equipación do Depor, de aquel Depor de segunda, que acompañoume nas miñas carreras detrás do balón.

2- ¿En que equipos xogaches?

--  Empecei no equipo de futbol sala do colexio Liceo, o ano seguinte en fútbol once no Orzán equipo no que xogaban os amigos do barrio no que estiven un ano tralo que recibin a chamada de Emilio Aguiar, marchei con él o Imperátor no que estiven catro anos aprendendo do mellor formador de xogadores do momento. O primeiro ano de Xuvenís xoguei no Depor, despois dúas tempadas no C.D. Lugo e dúas no Betanzos, tres meses más xoguei no Imperátor e os vinteún anos decidin deixar de xogar.

3- Pasaches uns anos retirado ata a chamada de Emilio Uzal para volver a calzar as botas no Cerqueda ¿Por que aceptaches a proposta?

--  Catorce anos estiven sen xogar, non xoguei nin pachangas. Entereime que Emilio Uzal, co que coincidin de compañeiro no Imperátor, íase a facer cargo por primeira vez dun equipo de modestos, na súa época de xogador ano tras ano chamábame para que fichara no mesmo equipo que él, ano tras ano se acordaba de min. Eu non tiña ganas de xogar, contei con boas ofertas no deportivo e económico pero non tiña ganas de fútbol. En esta ocasión foi distinto, é o meu amigo, estaba en débeda con él e unha forma de devolverlle a súa confianza en mi foi fichar no seu equipo na súa primeira tempada como adestrador dun equipo de modestos.


4- ¿ Cómo te sentiches no clube e na categoría no teu regreso o fútbol?

--  Non me atopei nada ben na volta, e non unicamente pola evidente falta de físico, senón tamén por sensacións. Recuperei xa a cabeza xa vexo fútbol o meu carón, o do físico e outro cantar.

5- Cerrouse o ano co título de liga e posterior celebración, ¿ Cómo viviches ése momento?

--  Cando levaba moi pouco tempo no Cerqueda dinme conta do que era o equipo, non unicamente a plantilla. É un equipo moi pequeno que levan catro directivos que se desviven por él,era evidente a ilusión que todos tiñan porque o seu equipo xogara na tan ansiada liga da costa. O día do ascenso unicamente dediqueime a disfrutar vendo as caras de ledicia de todos aqueles que arrimaron o hombro para sacar todo adiante, foi un bonito día sobre todo por eles, tiñan o seu Cerqueda na súa liga da costa

6-  ¿Ahora cómo ves a liga da costa  despois de xa completar unha volta de liga?

--   A liga da costa é unha liga moi bonita pola repercusión mediática que ten e polos afecionados que cada fin de semana se achegan o campo para ver os partidos. O nivel da liga pois é Segunda Autonómica, ainda que non o pareza por todo o que rodea a liga, as categorías no fútbol están por algo.

7-  De momento o equipo está nunha cómoda décima plaza ¿ Cómo ves a salvación?

--  Agora veñen uns partidos que en caso de sacalos adiante deixaríanos todo bastante ben, estou completamente seguro de que non pasaremos apuros. Unicamente quédame a duda de que pasaría se nos, os propios xogadores, houberamos afrontado a categoría con menos complexos, penso que estaríamos uns postos por diante.


8- Dos goles que levas marcados co Cerqueda ¿Con cal te quedarías?

--  O gol do ano pasado contra o Corcubion , foi o meu primeiro gol co Cerqueda e penso que esa victoria foi un punto de inflexión para o ascenso. E sen dúbida o primeiro desta tempada que foi o primeiro do Cerqueda na categoría, unicamente tiven que empurrar un cabezazo de Martín, pero foi o primeiro e iso queda ahí.

9- ¿ Que che da o Cerqueda que non che dou outro equipo?

--  - É o único equipo que me quere así que dame todo,jajajajajajjajajajajajaja. Non é o que me da a min o Cerqueda é o que eu podo aportar para que o Cerqueda cumpla o seu obxetivo e poida asentarse na categoría, penso que así será por varios anos e a xente podera disfrutar do seu equipo na súa liga da costa.

10- E para rematar unha curiosidade ¿Que tal se leva o de ser Dj e ter que rendir o domingo no campo?

--  jajajjjjajjajaajja, o máis duro da miña estancia no equipo son os desprazamentos, xa é moi complicado compaxinar vida laboral, familiar e fútbol, se a isto lle sumamos os desprazamentos faise complicado. Así que non teño ninguna dúbida de que conseguiremos obxetivos, despois creo que é probable que poida colgar as botas de forma definitiva, eso sí tranquilo co Cerqueda no sitio no que lle corresponde.